domingo, octubre 28, 2012

Sairemos como galegos




Anuncio: Sairemos como galegos
Gadis

Texto del anuncio:
Algo lles pasa.
Vexo as súas miradas e están tristes.
Din que é un problema de confianza.
De la sobrina de riesgo.
De la prima!
Hai que botar unha man.
Que sepan que contan con nós.
Que tamén sabemos axudar.
Que se lles admira por estar aí.
E que recorden que todo o que somos llo debemos a eles.
Temos que poñernos as pilas.
Non preguntemos o que poden facer os nosos pais por nós, preguntémonos que podemos facer nós polos nosos pais.
Que sepan que se lles quere.
Que estamos orgullosos deles.
Por non deixar atrás ós seus maiores.
E sacar adiante ós seus fillos.
Porque é posible que os galegos sexamos os que máis formas temos de chamarlle á choiva  pero todas, todas escampan.

É posible que algún día un galego baixe os brazos, que un galego se renda ou que tire a toalla.
É posible.
Pero ese día, ese día non chegou.
NON!!!
Poñámolo noso grao de area:
AXUDEMOS COMO GALEGOS!!!

Estou orgullosa do meu pai que nunca tirou a toalla, NUNCA, a dicir verdade, nunca tiraba nada.
Aprendimos de vós que os galegos podemos ser o fin da terra e o centro do universo.
Aprendimos que cando algo é bo de verdade se lle dice do país,
e se é natural decimos da casa.
Somos o que somos gracias a vós.

Seguiremos vivindo como galegos!!!
Seguiremos adiviñando o futuro: Vas caer.
E seguiremos sendo campechanos, campechanos: Esa é unha mística.
Seguiremos usando a fórmula secreta: Tranquila, malo será.
E á crise lle diremos: VAITE E NON VOLVAS.
Orgullosos desta terra sempre verde porque me dixeches que era un xardín.
Porque desta sairemos como galegos.

SAIREMOS COMO GALEGOS!!!
SAIREMOS COMO GALEGOS!!!
.

No hay comentarios: