domingo, noviembre 29, 2009

Malo será

Nueva campaña de "Vivamos como galegos"



Texto del anuncio "Malo será":
Fomos capaces de facer unha maleta cando sabiamos que nos afastaba da nosa casa por moitos anos.
Fomos capaces de viaxar onde ninguén fora antes.
Loitar sen entender, abrirnos paso nunha vida dura e combativa.
Fomos capaces de dicir adeus, de ser pai a miles de kilómetros e nai e pai á vez.
Somos capaces de conquistar os mares tódolos días e desafiar tódalas ondas do mar.
Somos capaces de madrugar e ser tres persoas á vez. E sacar unha familia adiante e sorrir e gozar.
Somos capaces de traballar e estudar e axudar na casa.
Somos capaces de saír adiante como poucos no mundo.

Como non imos ser capaces de saír adiante en momentos difíciles?
Como non imos ser capaces de reinventarnos, de apretar os dentes, de traballar máis e mellor?
E sabedes por que?
Porque temos unha fórmula secreta.
-Tranquila, malo será.
- Malo será oh.
- Non muller, malo será.
- Que si, que malo será.
- Malo será.
- Malo será.

Unha fórmula coa que predecímolo tempo: e ti cres que abrirá? Malo será.
E gozamos da praia: estará boa? Malo será.
Coa que aprobámolos exames: que tal o exame? Malo será.
E coñecemos xente: esta noite malo será.

Unha fórmula coa que atopamos sempre sitio: xa verás home, malo será.
E atopamolos nosos amigos onde sexa: non o vemos nin de broma. Malo será.
E seguimos tendo fe nos pementos de Padrón: malo será.
E coa que confiamos sempre no noso equipo: salvarémonos? Malo será neno. Malo será.

Unha fórmula que cruzou fronteiras: teremos sitio para durmir no albergue? Malo será.
E seguirá cruzándoas: este ano teríamos que encher Nova York de gaiteiras. Malo será.

Así que cando teñas dúbidas, ansias ou preocupacións, utiliza a fórmula secreta!
MALO SERÁ

Deámonos conta do ben que vivimos, valoremos a nosa forma de vida,
VIVAMOS COMO GALEGOS!!
Que malo será....
.

No hay comentarios: