miércoles, octubre 29, 2014

Boto en falta unha ilusión

A tristura xa marchou,
colonízame a desgana.
 
Hoxe xa non hai dor, xa non choro berrando. Mais hai medo de sentir e de non voltar sorrir e de seguirte esperando.

Hoxe xa non hai dor, non hai sangue brotando. Mais hai medo de sentir e de non voltar sorrir e de seguirte esperando.




Canción: Boto en falta unha ilusión
Sés (Página oficial / Facebook 1 / Facebook 2 / Galipedia)

Letra / Lyrics:
Boto en falta unha ilusión
que me reconvirta en min,
que, sen querer, me perdín
pensando que me salvaba.

Boto en falta a quen amaba
e aquel tempo que soñei
estando esperta e pensei
que de ti me alimentaba.

Boto en falta a túa voz,
a túa cara e a alegría,
as horas devaluadas
e até a túa covardía.

E non son quen de lembrar
as navallas e as mentiras.
E non se asenta o rancor
e de min non te retiras.

Hoxe xa non hai dor,
xa non choro berrando.
Mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando.

Hoxe xa non hai dor,
non hai sangue brotando. 

Mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando.

A tristura xa marchou,
colonízame a desgana.
Eu, que tiña fe pagana
en ser fénix e voar
e coa forza do espertar
abrazar o vitalismo,
espertei no mesmo abismo.
Máis valera non soñar.

Se por volverte bicar
sucumbise aos meus instintos.
Se de todos os delitos
cometese o de voltar,
a fatiga e o penar
sufriría resignada,
porque vivo condenada
a non poderte olvidar.

Hoxe xa non hai dor,
xa non choro berrando.
Mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando.

Hoxe xa non hai dor,
non hai sangue brotando.
Mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando.
.

No hay comentarios: