viernes, octubre 21, 2011

V aniversario de "Vivamos como galegos!"




Texto:

Hai quen di que os galegos somos morriñentos sen fronteiras, que separarnos da nosa terra dóenos máis que a outros pobos. A explicación é difícil, é un sentimento,... máis que un sentimento.

Como lle explicas a alguén que non é galego o que se sente ao ser galego?, o que se sente ao escoitar de viaxe:
  • no doy hecho,
  • ay, que riquiño,
  • las patatas esmagadas, por favor.

Que se sente cando es dunha terra onde a xente se pelexa por invitar:
  • por favor, saca os cartos de aí que pago eu.

Que se sente cando montas unha boa carallada ou cando amosas a túa incredulidade cun B H B:
  • Bueno Home Bueno
ou cun B C B
  • Bueno Cxxx Bueno

Como explicar o orgullo que sentimos ó ofrecer tantos pratos exquisitos só cun pouco de pimentón. E iso si, a mellor materia prima do mundo. Que se sente cando che poñen diante unha bandexa de percebes coma esta.


Os galegos amamos a naturalidade, o auténtico:
  • campechano, campechano
e desagrádanos o artificial
  • esa é unha mística.

Que se sente ó saber que cando damos a nosa palabra non fallamos, que se sente?.

É máis ca un sentimento, unha paixón que nace das grandes e das pequenas cousas. Unha paixón que vén da montaña, da terra, do campo e da cidade, da familia, dos nosos.
Por iso desde hai cinco anos gritamos todos xuntos, por iso desde as pedras, as árbores, desde as ondas, desde o vento, cada un co seu motivo pero todos xuntos, cada un a súa maneira pero todos xuntos gritamos:

VIVAMOS COMO GALEGOS!!!

Cada un destes gritos teñen un por que, con razón ou sen razón pero teñen un por que, por que o corazón ten motivos que a razón non entende:
  • polas praias galegas,
  • polas ameixas de Carril,
  • polo pan de Carral,
  • polo lacón con grelos,
  • a rapa das bestas,
  • polos pementos de Padrón,
  • polas Illas Cíes,
  • polo caldo da miña avoa.

Por mil anos máis
VIVINDO COMO GALEGOS!!!




Making off



Página oficial

No hay comentarios: