viernes, noviembre 01, 2013

Se chove, que chova!!!

Nuevo anuncio de la campaña "Vivamos como galegos" de Gadis titulado "Se chove, que chova!".



Texto del anuncio:
- E a vostede que lle poño hoxe?
- Nin moño nin melena, algo moderno.
- O de sempre.
- Dígoche que xa non se pode ler nada, todo son malas noticias... É que che amargan a vida!
- Se vos conto o que fixeron os meus netos. Un deles preguntoume se habería algún sitio en Galicia que non se nubrase nunca. E outro dixo que coñecía o home máis sabio de Galicia. E alá foron. Chegaron e, por suposto... era unha muller!
- Home!!
- E díxolles: "O único que non se nubra nunca en Galicia é a nosa alegría. Porque a nosa alegría vén da nosa forza e a nosa forza vén da terra. Os carballos e os acantilados fannos recios. Os ríos un pouco enrevesados. A choiva... creativos. E os atardeceres, sensibles e morriñentos."
- Tola de todo!... E non lles dixo nada
- Díxolles que hai algo na terra que nos axuda a tirar para adiante.
- E é verdade, sempre o fixemos. E en todo o mundo!
- E nunca deixamos que nos amargasen a vida!
- Isto é boísimo! Tedes que emitilo!
- Mira a miña nai, case cen anos, viviu de todo. E cada vez que tiña un problema dicía: "Traballemos moito pero disfrutemos moito". Por iso non perdeu unha repichoca, eh?
- Hai que traballar e disfrutar con determinación, que somos galegos!!
- A nós ninguén nos amarga un plan!!
- Se imos á praia... imos á praia! Inda que sexa con chaqueta! E se nos bañamos, sempre dicimos: "Está boísima!!!"
- E se a cousa se pon fea.... Comida, merenda e cea!!!
- E se alguén se pon un pouco pochiño, cen visitas ó día que non collen na habitación e como novo!!!
- Como di o meu Paco: "Se non me preocupa viaxar no espazo, nunha bola enorme, a miles de quilómetros por segundo, entre meteoritos e lixo espacial, voume preocupar polo demais?"
- Que profundo!
- Aquí todos somos profundos, filla.
- Uns máis que outros.
- Tanta preocupación, tanta preocupación...e a xente seguirá coñecéndose, namorándose... Seguirá abrazándose, quedando, rindo... Porque os galegos sabemos que este é o mellor 2013 das nosas vidas.
- Non hai outro.
- E iso fainos disfrutar máis da vida, da xente, dos amigos... Así que saiamos aí fóra, disfrutemos de todo o que temos... E vivamos. Vivamos. Vivamos como galegos!!!

- Ai, como chove!
- A que está caendo!!
- Sabedes que vos digo? Que se chove... que chova!!! 


En Galicia, o único que non se nubra nunca
é a nosa alegría
así que
se chove, que chova!!!
Vivamos como galegos!!!
 .